Somos un negocio familiar que queremos seguir mantendo a tradición de “O Tangueiro”, con máis de 50 anos de historia… e para iso retomamos a actividade en Decembro do 2021.
“O Tangueiro” é un espazo no que queremos que te sintas como na casa. Gústanos crear un ambiente cálido e familiar, que poidas visitar coa familia, amig@s, compañeir@s de traballo…
A nosa cociña está inspirada na cociña tradicional, comida caseira e de calidade, con pratos do mar e da terra.
Destacando o pulpo a feira, feito nas potas de cobre…
Creado por Xpansion Web